Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do expediente sancionador MON-CO-0056/2019-DIS.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal –Servizo de Xestión Forestal–, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Transcorrido este prazo sen presentar o referido recurso, esta resolución adquirirá firmeza en vía administrativa, e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-CO-0056/2019-DIS.

Interesado: 32189647C.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.