Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10997

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza de técnico/a de Administración xeral (rama xurídica) pola quenda libre.

Anúnciase a convocatoria do seguinte proceso selectivo:

Expediente:

3189/2019

Código SIA:

1428945

Procedemento:

seleccións de persoal e provisións de postos

Asunto:

proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico ou técnica de Administración xeral, en réxime de interinidade, do Concello de Bueu

Responsable:

Secretaría

Documento:

anuncio da Alcaldía

Trámite:

convocatoria do proceso selectivo para cubrir en réxime de interinidade unha praza de técnico/a de Administración xeral (rama xurídica) do Concello de Bueu (quenda libre)

No BOP de Pontevedra núm. 25, do 6 de febreiro de 2020 publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza de técnico/a de Administración xeral (rama xurídica) do Concello de Bueu (quenda libre)

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a este procedemento publicaranse no taboleiro electrónico de anuncios do concello (https://bueu.sedelectronica.gal (epígrafe «Información xeral», taboleiro de anuncios/sección Emprego público), sen prexuízo de que, de forma complementaria, se publique na páxina web do concello.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Bueu, 7 de febreiro de 2020

Félix Juncal Novas
Alcalde