Unha vez aprobado inicialmente mediante o Decreto da Alcadía, do 2 de xaneiro de 2020, a modificación puntual do Plan de sectorización CC1-1ª fase, ampliación da zona dotacional e modificación da ordenanza SIPS (servizos de interese público e social), promovido polo Concello de Outeiro de Rei, en cumprimento do establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e do artigo 186.1.a) do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, exponse ao público polo prazo de dous (2) meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá consultar o expediente completo nas oficinas municipais, das 10.00 ás 15.00 horas, e na páxina web do Concello www.concellodeouteiroderei.org, e facer as alegacións que se consideren oportunas.
Outeiro de Rei, 24 de xaneiro de 2020
José Pardo Lombao
Alcalde