Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10788

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR701E).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro de 2020, cómpre efectuar a seguinte corrección:

No anexo I, artigo 1, parágrafo segundo, primeiro guión, onde di:

«– Todas aquelas parcelas en que máis do 50 % da súa superficie estea clasificada como de uso agrícola, entendendo como tales: terras de cultivo (terras arables, horta e invernadoiros), cultivos permanentes (viñedos, froiteiras, oliveiras…) e pasteiros (excluídos pastos arbustivos e arboredos)».

Debe dicir:

«– Todas aquelas parcelas en que máis do 50 % da súa superficie estea clasificada no Sixpac como de uso agrícola, entendendo como tales: terras de cultivo (terras arables, horta e invernadoiros), cultivos permanentes (viñedos, froiteiras, oliveiras…) e pasteiros (excluídos pastos arbustivos e arboredos)».