Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 3 de febreiro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica unha resolución de baixa da autorización turística.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución, ditada nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poida interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

Ourense, 3 de febreiro de 2020

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Pensión Marbella.

Titular: Mª Estrella Núñez Fernández.

Enderezo: r/ Miguel de Cervantes, 32.

Concello: Vilamartín de Valdeorras.

Resolución: 19.12.2019.