Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11016

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 18/2020, do 13 de febreiro, polo que se dispón o cesamento dun vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística creouse coa Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, como instrumento fundamental para velar pola utilización racional do solo conforme o disposto no ordenamento urbanístico. A actual Lei 2/2016, do solo de Galicia, mantén a configuración e finalidade da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. De conformidade co previsto no artigo 10 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos estatutos da Axencia, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, os seus órganos directivos son o/a director/a e o Consello Executivo, como órgano de dirección e control, do cal forman parte catro vogais en representación da Comunidade Autónoma.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de febreiro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cese Antonio José Boné Pina como vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, agradecéndolle os servizos prestados.

Boqueixón, trece de febreiro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda