Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso- administrativo PO 5/2020 contra o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 29 de xullo, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se fan públicos diversos acordos en relación co segundo exercicio do proceso selectivo (Diario Oficial de Galicia número 165, do 2 de setembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Primeira) polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 5/2020 contra o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 29 de xullo, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se fan públicos diversos acordos en relación co segundo exercicio do proceso selectivo (DOG núm. 165, do 2 de setembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Primeira). O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública