Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11813

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se resolven as alegacións presentadas con relación ás puntuacións do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 7 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG número 48, do 8 de marzo), modificada polas ordes do 12 de marzo de 2019 (DOG número 51, do 13 de marzo), do 24 de abril de 2019 (DOG número 79, do 25 de abril) e do 5 de decembro de 2019 (DOG número 240, do 18 de decembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar, na súa totalidade, as reclamacións presentadas polas persoas aspirantes contra a puntuación obtida no segundo exercicio da fase de oposición deste proceso selectivo.

Segundo. Publicar este acordo no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020

Francisco Tomás Couso González
Presidente do tribunal