Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11895

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 102/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 102/2019, seguido por instancia de Fraternidad Muprespa contra Ventanas Energéticas, sobre reclamación de cantidade, se ditaron o Auto en que se despacha execución e o Decreto de embargo, do 10 de setembro de 2019, contra os cales pode interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

Para que sirva de notificación e requirimento en legal forma ao representante legal de Ventanas Energéticas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza