Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2020 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/42/2019-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 9 de decembro de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística pola demolición de varias casetas e dun muro da Finca O Priorato, así como a plantación de viñedos e a realización de grandes movementos de terra na Finca O Priorato, no lugar de Santurxo, no concello do Barco de Valdeorras, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Juan Carlos Calvo Alejandre, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística