Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11951

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO da oferta de emprego público 2020.

Logo de aprobado definitivamente o orzamento do Concello de Monforte de Lemos para o exercicio 2020, publícase a oferta de emprego público en cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, co seguinte detalle:

– Funcionarios de carreira:

• Grupo segundo o artigo 76 do RDL 5/2015: grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala administración especial. Subescala: servizos especiais. Posto: axente da policía local. Número de vacantes: dúas.

– Persoal laboral:

• Nivel de titulación: diplomado o equivalente. Denominación do posto: traballador social. Número de vacantes: unha.

• Nivel de titulación: graduado escolar ou equivalente. Denominación do posto: capataz de obras. Número de vacantes: unha.

• Nivel de titulación: graduado escolar ou equivalente. Denominación do posto: oficial de obras. Número de vacantes: unha.

• Nivel de titulación: diplomado ou equivalente. Denominación do posto: técnico de promoción económica. Número de vacantes: unha (*).

(*) Observacións: esta praza publicouse na oferta de emprego público do exercicio 2011; DOG núm. 117, do 20 de xuño de 2011, con nivel de titulación: licenciado ou equivalente.

Monforte de Lemos, 30 de xaneiro de 2020

José Tomé Roca
Alcalde