Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11626

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal dos corpos da policía local dos concellos de Galicia.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2020 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor, na súa reunión que tivo lugar o 14 de febreiro de 2020, e de acordo co establecido no artigo 9.2b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2020, cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 17 de febreiro de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Destinatarios/as

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que de producirse esta situación, os/as interesados deberan comunicalo á Agasp de xeito inmediato, no caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano que se contará desde o día seguinte a que se teña coñecemento do feito, e no caso de estar realizando efectivamente un curso, non se emitirá ningún diploma del.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal, cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

Con carácter xeral, reservarse o 10 % das prazas convocadas para persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado que traballen en Galicia, podendo ser superada a dita porcentaxe no suposto de quedar prazas vacantes.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp resérvase a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal), non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o telefono móbil, co obxecto de posibles comunicacións, no suposto de non ser correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como a imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de atoparse en algún dos supostos que a seguir se indican, o/a solicitante deberán remitir á Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso, se tal documentación xa obra en poder da Agasp, neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

a) Profesionais que estean gozando ou gozaran nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

5. Cando o curso para o que presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22) por correo electrónico (formacion.agasp@xunta.gal) ou de acordo co establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas do día 25 de febreiro de 2020 para os cursos programados para o mes de marzo e ata o 16 de marzo o resto dos cursos programados.

7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.

No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

8. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o/a alumno/a non poderá participar noutros cursos durante un ano desde que se detecte este feito.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo que para cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozasen, nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para ser destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37 bis da lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega, reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas con, polo menos, 5 días antes do inicio de cada curso.

Os/as alumnos/as seleccionados/as serán informados/as da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxería telefónica.

A Agasp resérvase o dereito de solicitar aos concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado soamente poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificada ou necesidade do servizo sempre que o/a xefe/a do corpo da policía local do concello en que traballe ou a súa persoa responsable acredite documentalmente o feito alegado.

No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberá quedar acreditado suficientemente os seus motivos e que se coñeceron con posterioridade á solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina Web da Agasp e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que se convoquen polo Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e en que a persoa figurase como a súa posible destinataria, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que polo menos teñan a mesma carga horaria do curso polo que foi penalizado.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, podendo realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior, en todo caso para poder valorar esta posibilidade non pode transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada no só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contados desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin ningún certificado acreditativo.

Sexta. Certificación

Nos cursos de aproveitamento, o alumnado debera superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao seu remate.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Código

Denominación

Horas

Prazas

Data de comezo

Data de remate

201040

Reciclaxe en materia de tiro

16

16

17.3.2020

18.3.2020

201041

Autoprotección táctica

8

20

17.3.2020

17.3.2020

201042

Condución policial

12

16

6.3.2020

10.3.2020

201043

Condución policial

12

16

6.3.2020

11.3.2020

201044

Habilidades sociais no trato coa cidadanía

16

25

23.3.2020

24.3.2020

201045

Operadores de radar

20

25

25.3.2020

27.3.2020

201046

Patrón de embarcacións de recreo PER *

50

20

25.3.2020

6.5.2020

201047

Primeiras actuacións sanitarias ante incidentes de ambiente hostil (AMOK)

8

16

26.3.2020

26.3.2020

201048

Medición de ruídos

24

16

30.3.2020

1.4.2020

201049

Atención aos/ás peregrinos/as

8

25

1.4.2020

1.4.2020

201050

Atención aos/ás peregrinos/as

8

25

23.4.2020

23.4.2020

201051

Disciplina urbanística

8

25

2.4.2020

2.4.2020

201052

Actualización en normativa de armas e artigos pirotécnicos

4

25

3.4.2020

3.4.2020

201053

Delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica

8

25

16.4.2020

16.4.2020

201054

Identificación de armas ocultas ou camufladas

8

30

13.4.2020

13.4.2020

201055

Tiro nocturno en interiores e lugares pechados

16

16

15.4.2020

16.4.2020

201056

Intervención policial con cans e demais animais

32

25

21.4.2020

12.5.2020

201057

Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA)

8

16

7.4.2020

7.4.2020

201058

Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA)

8

16

21.4.2020

21.4.2020

201059

Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA)

8

16

12.5.2020

12.5.2020

201060

Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA)

8

16

19.5.2020

19.5.2020

201061

Protocolo de actuación para dar resposta a persoas con discapacidade en situacións de urxencia

8

25

22.4.2020

22.4.2020

201062

A detención policial

20

25

27.4.2020

29.4.2020

201063

Detección de drogas na condución

16

25

27.4.2020

28.4.2020

201064

Reciclaxe policía administrativa

40

25

30.4.2020

28.5.2020

201065

Inspección ocular: a importancia dos primeiros momentos

16

16

4.5.2020

5.5.2020

201066

Operativa policial nivel I

16

20

5.5.2020

6.5.2020

201067

Investigacion de atropelos

20

25

24.3.2020

26.3.2020

201068

Inspección policial en establecementos públicos

16

25

18.5.2020

19.5.2020

201069

Autocontrol e xestión do estrés

4

25

22.5.2020

22.5.2020

201070

Xestión emocional en situación de estrés

4

25

29.5.2020

29.5.2020

201071

Normativa de drons no eido local

4

25

27.5.2020

27.5.2020

201072

Protocolos de actuación ante o maltrato animal

8

25

26.5.2020

26.5.2020

201073

O vehículo: documentación e identificación

32

25

18.5.2020

21.5.2020

201074

Reciclaxe medio ambiente

40

25

2.6.2020

30.6.2020

201075

Responsabilidade xurídica no uso das redes sociais

4

25

5.6.2020

5.6.2020

201076

Condución 4 x 4

16

16

10.6.2020

11.6.2020

201077

Protección do Patrimonio: O Camiño de Santiago

8

25

17.6.2020

17.6.2020

201078

Protocolos de actuación policial ante delitos de odio

20

25

15.6.2020

17.6.2020

201079

Control de transportes por carretera: autorizacións, permisos e tacógrafos

20

25

20.4.2020

22.4.2020

201080

Manexo e utilización operativa do bastón policial extensible

16

16

17.3.2020

26.3.2020

201081

Superior de Administración electrónica (presencial e online)

100

30

1.4.2020

30.6.2020

*Non se reservan prazas para persoal diferente á policía local.