Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de cancelación do convenio Xesteiras de Amorín, número de elenco 2717588, do concello de Pol (expediente 02/2019).

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo; rolda da Muralla, nº 70, andar baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 3 de febreiro de 2020

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

33755924C

Trámite de audiencia

33657798N

Trámite de audiencia