Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 714/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimentos/cesamentos en xeral 714/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Jiménez Montoya contra Transportes Garlez, S.L., Planway Noroeste, S.L., Cargo Rioja, S.L., Planway Logística, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Visto o estado das actuacións, non téndose formalizado a proba documental admitida, no punto 2 do outrosí segundo da demanda, procédese á suspensión dos actos de conciliación e xuízo sinalados para o día 4.2.2020 ás 10.00 horas e sinálase novamente para o día 27.4.2020 ás 10.00 na sala 1, planta baixa, Edificio Rúa Berlín; cítense as partes baixo os apercibimentos e cos requirimentos adquiridos durante a tramitación do procedemento, servindo a notificación da presente como citación en legal forma ás partes comparecidas».

Advírteselle ao destinatario que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento e que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Legar Financial & Rent, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza