Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2019/0187).

O día 27 de novembro de 2019, a persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo formulou un requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no mencionado rexistro, expediente núm. LU-2019/0187, cuxo contido se recolle de xeito resumido no anexo a este anuncio.

O dito requirimento non se puido notificar persoalmente aos interesados. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), realízase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para presentar a documentación requirida. De non facelo así, teranse por desistidos da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poidan volver presentar máis adiante unha nova petición de inscrición.

O texto íntegro do acto que se notifica, xunto co seu respectivo expediente, atópase a disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 27 de xaneiro de 2020

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A).

Núm. de expediente: LU-2019/0187.

Persoas interesadas (DNI/NIE/outro): AS419785 e 34317431M.

Documentación requirida: vid artigo 11.2.a) do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.