Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2019/194-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: substitución LMTS LOZ809 (Pontevedra).

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 240 de 152 metros de lonxitude con orixe no CT Salvador Moreno (36CF22) e final no PAR proxectado. As instalacións están situadas na rúa Rosalía de Castro, Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial, resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente en dereito.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra