BDNS (identif.): 496525.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Persoas que teñan unha titulación universitaria de licenciada/o ou de grao para que complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.
Segundo. Obxecto
Bolsas de formación que teñen como obxectivo unha formación práctica no campo da actividade comercial.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente na convocatoria.
Cuarto. Importe
Destínase un total de 59.200 €, dos cales 57.200 € corresponden á aplicación orzamentaria 09.30.751A.480.0 e 2.000 € á aplicación orzamentaria 09.30.751A.484.0.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2020
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria