Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o escrito de trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 44467473D/02/01/2020/2.1.E e cinco máis.

Intentada a notificación do escrito de trámite de audiencia, ditado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polo que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que o dito escrito de trámite de audiencia non pon fin á vía administrativa e que contra el cabe formular escrito de alegacións, ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 37.3 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, regulador dos procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do escrito de trámite de audiencia ditado polo xefe territorial.

Advírteselle ás persoas interesadas que, se non formulan alegacións en tempo e forma, a proposta de inicio do expediente sancionador adquirirá firmeza.

Ourense, 16 de xaneiro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

44467473D

44467473D/

02/01/2020/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un mes

44493731R

44493731R/

19/12/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un mes

76723447R

76723447R/

19/12/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un mes

34938754Y

34938754Y/

07/01/2020/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un período de tres meses

49714792Q

49714792Q/

02/01/2020/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un período de tres meses.

Y0149007G

Y0149007G/

07/01/2020/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda do dereito á percepción da prestación/subsidio durante un período de tres meses.