Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12912

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2020 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF PER.-2020/01-07 e 2019/18 para a contratación de persoal laboral temporal, polo procedemento de concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avda. de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 20 de febreiro de 2020

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne