Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12748

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de formación continua para os servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Mediante a Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), onde se establece a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Unha vez aprobado o Programa anual de actividades para o ano 2020 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor e conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, anúnciase a convocatoria dos cursos de formación continua dirixidos aos servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2020, cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 17 de febreiro de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Actividades formativas

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.

Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos seus se poidan facer fóra das súas instalacións.

De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

Segunda. Contido das actividades formativas

O contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.gal) na epígrafe Formación de colectivos.

Terceira. Destinatarios/as

a) Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).

b) Grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

c) Servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta. Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais: os/as solicitantes deben ter a condición descrita na base terceira para estes colectivos.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con esta.

Quinta. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 12, 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 39 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

g) Se as solicitudes para participar nun curso non superan o 50% das prazas convocadas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Sexta. Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes que reúnan os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

Sétima. Criterios xerais de selección

1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso de acordo co seguinte:

Colectivo

Porcentaxe

1º grupo: servizos de extinción de incendios e salvamento

55 %

2º grupo: grupos de emerxencia supramunicipais (GES)

30 %

3º grupo: servizos municipais de protección civil e emerxencias

15 %

No caso de que non haxa suficientes solicitantes dalgún dos colectivos mencionados que cumpran os requisitos para cubrir o número de prazas asignado, completarase a selección con solicitantes dos outros colectivos que son destinatarios do curso que cumpran os requisitos, repartindo as prazas vacantes por igual entre os diferentes grupos sempre e cando o número de prazas o permita e, cando non sexa posible, por ser maior o número de solicitudes ca de vacantes, estas distribuiranse pola orde e porcentaxe establecidas dos grupos, empezando a repartición polo grupo 1 e así sucesivamente.

2. Na selección dentro de cada un dos colectivos destinatarios do curso reservarase o 50 % das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

3. Dentro dos colectivos destinatarios do curso terán preferencia na selección as persoas de maior rango xerárquico, se as houbese.

4. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.

Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso nos últimos catro anos poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes. De non existiren vacantes, poderán figurar na lista de reserva despois dos solicitantes que non tivesen o curso.

Oitava. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os/as alumnos/as seleccionados/as serán informados da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

Novena. Uniformidade

É obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

Décima. Aloxamento

O alumnado poderá solicitar aloxarse na Agasp de luns a venres, en función das dispoñibilidades que existan nas datas previstas para a realización da actividade formativa para que sexa seleccionado, con base no disposto nas normas de réxime interior en vigor.

Unha vez comunicada a selección, a persoa interesada deberá solicitar o aloxamento enviando unha mensaxe ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, con anterioridade á data de inicio da actividade formativa.

O aloxamento estará condicionado ás dispoñibilidades organizativas e orzamentarias da Agasp.

Décimo primeira. Dereitos e deberes do alumnado participante

Durante o desenvolvemento da actividade, ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

Décimo segunda. Faltas de asistencia

O Regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:

1. A asistencia ás clases e actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deberán xustificarse debidamente e penalizaranse disciplinariamente en caso contrario.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % das clases do curso de formación, será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

De ser necesario, e só nos casos en que a inasistencia ás clases estea motivada por accidente ou lesión sufridos con ocasión da actividade académica, o director xeral poderá considerar a conveniencia ou a oportunidade de permitir ao/á alumno/a poder recuperar ata un determinado número de horas e participar posteriormente nun exame extraordinario para poder superar o curso sen ter que repetilo.

3. No entanto, aínda que as ausencias acumuladas non cheguen á porcentaxe sinalada, a/o alumna/o poderá verse obrigado a recuperar todas ou parte das horas perdidas ao longo do curso. Neste caso, a Xefatura de Ensino proporá ao director xeral o número de horas que se deban recuperar, tendo en conta, en cada caso concreto, o tipo de xustificación presentada para cada ausencia, así como o número total destas e o comportamento e a actitude da/do alumna/o ao longo do curso.

Décimo terceira. Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen a proba final.

Décimo cuarta. Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar sen necesidade de nova publicación o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar as súas datas de realización, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia, especificamente, poderase suprimir o curso cando o alumnado admitido antes da data de inicio deste non supere o 50 % das prazas convocadas.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar resolución sen necesidade de nova publicación para interpretar, se fose o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.

ANEXO II

Cursos de formación continua para os servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia

Denominación do curso

Núm. de edicións

Horas lectivas

Prazas por edición

Datas

Lugar

Rescate e salvamento

Funcionamento e rescate en ascensores

2

8

20

23 de xuño

Agasp

(A Estrada)

23 de marzo

Agasp

(A Estrada)

Dirección e xestión operativa en emerxencias N-1

1

24

20

18, 19, 20 de maio

Agasp

(A Estrada)

Rescate no contorno urbano

1

24

20

15, 16, 17 de abril

Agasp

(A Estrada)

Técnicas de excarceración e extracción de vítimas en accidentes de tráfico

2

25

20

3, 4, 5 de xuño

Agasp

(A Estrada)

17, 18, 19 de xuño

Agasp

(A Estrada)

Rescate en ríos, riadas e inundacións

1

22

20

8, 9, 10 de xuño

Agasp

(A Estrada)

Intervencións en emerxencias

Intervención con autoescaleiras

1

12

20

30, 31 de marzo

Agasp

(A Estrada)

Intevención con mercadorías perigosas

1

21

20

11, 12, 13 de maio

Agasp

(A Estrada)

Interface urbana forestal

1

21

20

6, 7, 8 de abril

Agasp

(A Estrada)

Intervención con risco eléctrico

2

21

20

25, 26, 27 de marzo

Agasp

(A Estrada)

1, 2, 3 de abril

Agasp

(A Estrada)

Condución en situacións de emerxencia

1

20

20

20, 21, 22 de abril

Agasp

(A Estrada)

Condución de vehículos todoterreo

1

20

20

22, 23, 24 de abril

Agasp

(A Estrada)

Uso de escadas manuais

1

8

20

24 de marzo

Agasp

(A Estrada)

Corte de subministracións en situacións de emerxencias

1

24

20

1, 2, 3 de xuño

Agasp

(A Estrada)

Intervención en vehículos especiais (gas, híbridos, eléctricos)

2

16

20

5, 6 de maio

Agasp

(A Estrada)

7, 8 de maio

Agasp

(A Estrada)

Apoio loxístico e seguridade

Intervención con rescate de animais

1

16

20

27, 28 de abril

Agasp

(A Estrada)

Manexo de ferramentas de corte

1

21

20

10, 11, 12 de xuño

Agasp

(A Estrada)

Avaliación e prevención en extinción de edificacións con risco de colapso

1

16

20

21, 22 de maio

Agasp

(A Estrada)

Curso de mergullo en fume, orientación, busca e rescate en espazos confinados

1

16

16

16, 17, 18 de marzo

Agasp

(A Estrada)

Técnicas de apoio en intervencións

Apertura de portas en edificios e vehículos

2

16

20

14, 15 de maio

Agasp

(A Estrada)

28, 29 de maio

Agasp

(A Estrada)

Hidráulica aplicada aos servizos de emerxencias

1

21

20

25, 26, 27 de maio

Por determinar, consultar na web da Agasp