Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12817

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 1 de xuño de 2017, publicouse a Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No resolvo terceiro, modificado mediante a Resolución do 18 de febreiro de 2019, establécense os créditos dispoñibles e as aplicacións orzamentarias para cada unha das liñas de axuda convocadas, cos seguintes importes e distribución plurianual:

Para a liña de axuda ao investimento en equipamentos produtivos:

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

09.A1.741A.7701

2.000.000 €

1.780.000 €

3.780.000 €

Para a liña de axuda a investimentos xeradores de emprego:

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

09.A1.741A.7701

1.000.000 €

1.520.000 €

2.520.000 €

No mesmo punto establécese que, no caso de remate do crédito nunha liña, se incrementará co crédito da outra, se o houber, mediante a modificación desta resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que a liña de axuda ao investimento en equipamentos produtivos non esgotará o seu crédito dispoñible e que o crédito dispoñible da liña de axuda a investimentos xeradores de emprego resulta insuficiente, procede incrementar o crédito desta última co crédito da primeira, para poder resolver favorablemente o maior número de solicitudes posible.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo primeiro

Incrementar o crédito da liña de axuda a investimentos xeradores de emprego en 2.460.000 €, que queda fixado nun total de 4.980.000 €, e diminuír o crédito da liña de axuda ao investimento en equipamentos produtivos en 2.460.000 €, que queda fixado nun total de 1.320.000 €, de acordo co previsto no resolvo terceiro da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

Con base no exposto, modifícanse os créditos dispoñibles establecidos no resolvo terceiro da dita resolución, que quedan do seguinte xeito:

Para a liña de axuda ao investimento en equipamentos produtivos:

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

09.A1.741A.7701

1.299.368,99 €

20.631,01 €

1.320.000 €

Para a liña de axuda a investimentos xeradores de emprego:

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

09.A1.741A.7701

2.267.656,15 €

2.712.343,85 €

4.980.000 €

Artigo segundo

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica