Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de estradas de clave 075/19.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica en expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido efectuar a notificación.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei a dita persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede desta Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (avda. María Victoria Moreno, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexa examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2020

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

075/19

José Ramón Losada Vilas

Proposta de resolución

61.2.a)

PO-300, Mosteiro-Cambados