De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de cesión temporal de predios con vocación agraria e o requirimento de documentación.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Expediente |
Procedemento |
DNI da persoa interesada |
Acto que se notifica |
|
20091500086-2016-6709 |
Cesión temporal do predio integrante do Banco de Terras de Galicia |
71991122H |
Resolución de cesión temporal de predios |
|
20133600147-2018-8043 |
Cesión temporal do predio integrante do Banco de Terras de Galicia |
53176003A |
Requirimento de emenda de solicitude de cesión |


