Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13651

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 846/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 846/2017 que se segue neste xulgado do social se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2019

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos número 846/2017, seguidos por instancia de María Ángeles Figueroa Boullón, asistida polo letrado Carlos Feijo Novoa, contra a entidade Turmens Logística Urgente, S.L.

Resolvo:

Estímase a demanda presentada por instancia de María Ángeles Figueroa Boullón contra a entidade Turmens Logística Urgente, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade total de 9.590,71 euros como cantidades debidas máis o xuro de mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza