Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 5 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente-e IN407A 2019/244-1).

Expediente-e.: IN407A 2019/244-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento da LMT DC CRN704B-707 entre os apoios D8-4 e CR Lagoas, no lugar das Lagoas.

Concello: Narón.

Características técnicas:

– Retensado liña eléctrica de media tensión aérea DC CRN704B e CRN707A entre os apoios D8-4 proxectado e D10 existente, a 15 kV cunha lonxitude de 484 m, coa orixe no apoio núm. D8-4 proxectado para intercalar no dobre circuíto que compoñen as liñas CRN704B e CRN707A (expediente 18.264), condutor tipo LA-180 mm2 Al (existente) e remate no apoio núm. D10 existente para intercalar no dobre circuíto que forman as liñas CRN704B e CRN707A (expediente 18.264).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada CRN704B entre os apoios D8-4 e CR Lagoas (actuación núm.: 1) a 15 kV de 1.120 m, coa orixe no paso aéreo a soterrado para realizar no apoio D8-4 proxectado, para intercalar no dobre circuíto que conforman as liñas CRN704B e CRN707A (expediente 18.264) no treito entre a derivada ao CT Revolta (expediente 29.864) e o CR Lagoas (expediente 784/2016), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm2 Al e remate en cela de liña existente no CR Lagoas.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada CRN707A entre os apoios D8-4 e CR Lagoas (actuación núm.: 2) a 15 kV de 1.132 m, coa orixe no paso aéreo a soterrado para realizar no apoio D8-4 proxectado, para intercalar no dobre circuíto que configuran as liñas CRN704B e CRN707A (expediente 18.264) no treito entre a derivada ao CT Revolta (expediente 29.864) e o CR Lagoas (expediente 784/2016), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm2 Al e remate en cela de liña existente no CR Lagoas.

– Desmantelamento do treito de liña eléctrica de media tensión aérea DC CRN704B e CRN707A, condutores existentes tipo LA-180 e de oito apoios de formigón e un de celosía, sendo a lonxitude total do treito para retirar de 637 metros.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 5 de febreiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e.: IN407A 2019/244-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento da LMT DC CRN704B-707 entre os apoios D8-4 e CR Lagoas, no lugar das Lagoas.

Concello: Narón.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Paraxe: Arriba.

Cultivo: labor.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 8-4.

• m2: 9,0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais soterrados: 4.0.

• m2 soterrados: 12,0.