Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 172/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 172/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eugenia Clara García González contra Marmota Retail, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada, Marmota Retail, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 5.057,97 euros en concepto de principal (3.625,61 euros máis 1.432,36 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores máis outros 505,79 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo da recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Marmota Retail, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza