Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2020 polo que se notifica a resolución ditada no expediente de clave DH.W15.63115.

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución do expediente de autorización de obras de clave DH.W15.63115 por infracción da normativa en materia de dominio público hidráulico.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada ao grupo municipal Xuntos por As Pontes (CIF V70460001).

Infórmase de que o expediente se atopa a súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Comunícaselle que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia