Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Cunde, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Cunde, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 29 de xullo de 2019, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é en Biduído de Arriba, nº 28, 15895 Ames, A Coruña.

A Coruña, 11 de febreiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña