Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre o inicio do procedemento de deslindamento parcial con predios particulares do monte veciñal en man común de Abanqueiro, pertencente á comunidade de San Cristovo de Abanqueiro, do concello de Boiro.

Unha vez informada favorablemente polo Servizo de Montes da Coruña a proposta de deslindamento parcial con predios particulares presentada pola comunidade de montes veciñais en man común de San Cristovo de Abanqueiro, concello de Boiro, e de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, expoñerase a documentación na oficina de Silvogal, avenida da Constitución, 39, entresollado, no concello de Boiro. Teléfono de contacto 699 06 89 68. Tamén estará dispoñible no Servizo de Montes da Coruña, r/ Vicente Ferrer, 2, 6º andar, á norte.

Ábrese un prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os estremeiros que desexen comparecer poidan presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade na oficina de Silvogal, avenida da Constitución, 39, entresollado, co concello de Boiro.

A Coruña, 11 de febreiro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña