Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0321/2019-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0321/2019-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 11 de febreiro de 2020

O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11.2019
(Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0321/2019-PPM

32655355R

Inicio

Xeneral Morgado, 15, Neda

PSC-FE-0324/2019-PPM

32677581D

Inicio

Santa Tecla, 5-7, 1º D, Narón

PSC-FE-0336/2019-PPM

32655845P

Inicio

Rosalía de Castro, 5, 3º D, Mugardos

PSC-FE-0346/2019-PPM

32724081A

Inicio

Enrique Granados, ptl. 15, bl. 41, 1º D, Ferrol

PSC-FE-0348/2019-PPM

76413768V

Inicio

Eduardo Pondal, 10, Mugardos

PSC-FE-0360/2019-PPM

32623780M

Inicio

Armada Española, 22, 5º A, Caranza, Ferrol

PSC-FE-0364/2019-PPM

32713551F

Inicio

Alcalde Quintanilla, V2, 11º D, Ferrol