Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13770

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

O actual funcionamento da Administración pública é froito dunha importante evolución provocada polas innovacións tecnolóxicas e polas demandas sociais de cambios no sector público. Estes dous factores derivaron na aprobación, tanto no nivel estatal como autonómico, de importantes normas como as leis 39 e 40/2015, do 1 de outubro, que crearon un marco xurídico en que se establece para un amplo grupo de suxeitos a obriga de relacionarse electrónicamente coa Administración e para esta que o seu persoal asista a cidadanía no uso dos medios telemáticos. Pola súa parte, na nosa comunidade autónoma aprobouse o Plan de administración e goberno dixitais 2020 co fin de que a Administración galega fose capaz de reforzar e potenciar o modelo de funcionamento e prestación de servizos públicos mediante o uso innovador da tecnoloxía.

Todo este proceso completouse coa aprobación da recente Lei de administración dixital de Galicia, que ten por obxectivo regular a transición a un goberno e administración dixitais no sector público autonómico implantando e fomentando a adopción das medidas precisas para incorporar o potencial das novas tecnoloxías, entre outras cousas, na modernización do sector público autonómico.

Por outro lado, tamén de recente aprobación é a a nova lei orgánica de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais, lei que, xunto co actual Regulamento europeo de protección de datos, amplía os dereitos dos cidadáns neste eido e introduce importantes novidades, coma o dereito ao esquecemento ou o dereito á portabilidade, dereitos que melloran a capacidade de decisión e control da cidadanía sobre os datos persoais que confían a terceiros.

É obvio que neste contexto de cambios constantes e rápidos, no cal as novas tecnoloxías son un alicerce fundamental, a formación do persoal empregado público en materia de administración electrónica é imprescindible para atinxir os anteditos obxectivos e por tal razón a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP); e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) subscribiron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de formación. En virtude deste convenio a Dirección da EGAP adquiriu o compromiso de realizar unha convocatoria extraordinaria que incluiría cursos específicos en materia de administración electrónica e seguridade.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2020

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade/paternidade, adopción ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 5 de marzo de 2020.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a dous.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibiren mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección poderán remitir á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ou ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (9.00 a 14.00 h) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participaren en cada curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas en cada curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e seguimento da actividade

1. Cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Seguimento das actividades:

a) Seguimento das actividades presenciais:

– Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

– Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

– As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % da duración da actividade. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os/as responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50% da duración da actividade pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

b) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

c) Seguimento das actividades impartidas na modalidade mixta:

As faltas de asistencia nas horas presenciais da actividade non poderá superar o 10 % da duración desta. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría na parte de teleformación da actividade pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar estas actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación, e na mixta como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas desenvolveranse con carácter xeral de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

c) Asistencia e puntualidade:

É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.

As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.

As persoas que non se presenten ás probas na quenda asignada:

– Perderán o dereito ao certificado de superación da proba.

Oitava. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP e a Amtega poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e a Amtega reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e a Amtega garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Convenio TIC-Amtega

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificacion

Destinatarios

Modalidade Localidade

Datas e horario

Data e hora do exame

CV20010

Procesos de dixitalización en oficinas de rexistro da Xunta de Galicia

20

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Presencial
A Coruña

Do 16.3.2020 ao 8.4.2020 Luns e mércores das 9.00 ás 11.30 h

8.4.2020

9.00 h

Lugo

Ourense

Pontevedra

Santiago de Compostela

Vigo

CV20011

Sistemas para a contratación electrónica

50

30

Teleformación

Do 20.4.2020 ao 18.5.2020

22.5.2020

9.00 h

CV20011

Sistemas para a contratación electrónica

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 19.10.2020 ao 16.11.2020

20.11.2020 9.00 h

CV20012

Seguridade da información na Xunta de Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 16.3.2020 ao 20.4.2020

24.4.2020 10.00 h

Do 4.5.2020 ao 1.6.2020

5.6.2020 10.00 h

CV20012

Seguridade da información na Xunta de Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 5.10.2020 ao 2.11.2020

6.11.2020 11.00 h

CV20012

Seguridade da información na Xunta de Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 2.11.2020 ao 30.11.2020

4.12.2020 13.00 h

CV20013

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

50

40

Do 16.3.2020 ao 4.5.2020

8.5.2020 9.00 h

CV20013

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

50

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 5.5.2020 ao 15.6.2020

19.6.2020 9.00 h

CV20013

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

50

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 8.9.2020 ao 19.10.2020

23.10.2020 9.00 h

CV20013

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

50

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 19.10.2020 ao 30.11.2020

4.12.2020 9.00 h

CV20014

Esquema nacional de seguridade para responsables de servizos e da información e coordinadores de seguridade

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que teñan responsabilidades sobre servizos/información que se prestan ou están dispoñibles mediante as TIC.

Teleformación

Do 6.10.2020 ao 29.10.2020

5.11.2020 11.00 h

CV20015

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no marco da Lei 39/2015

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixta
A Coruña

Do 16.3.2020 ao 11.5.2020
2 sesións presenciais (ver ficha do curso)

15.5.2020 9.00 h

Do 6.10.2020 ao 22.11.2020

26.11.2020 9.00 h

Ferrol

Mixta Pontevedra

Do 16.3.2020 ao 11.5.2020 2 sesións presenciais (ver ficha do curso)

15.5.2020 9.00 h

CV20015

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no marco da Lei 39/2015

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixta
Santiago de Compostela

Do 4.5.2020 ao 26.6.2020
2 sesións presenciais (ver ficha do curso)

30.6.2020 9.00 h

CV20015

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no marco da Lei 39/2015

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixta
Santiago de Compostela

Do 6.10.2020 ao 22.11.2020 2 sesións presenciais (ver ficha do curso)

26.11.2020 9.00 h

CV20015

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no marco da Lei 39/2015

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixta
Santiago de Compostela

Do 13.10.2020 ao 30.11.2020
2 sesións presenciais (ver ficha do curso)

2.12.2020 9.00 h

CV20015

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no marco da Lei 39/2015

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixta
Vigo

Do 16.3.2020 ao 11.5.2020
2 sesións presenciais (ver ficha do curso)

15.5.2020 9.00 h

CV20015

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no marco da Lei 39/2015

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixta
Vigo

Do 6.10.2020 ao 22.11.2020
2 sesións presenciais (ver ficha do curso)

26.11.2020 9.00 h

CV20016

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 16.3.2020 ao 20.4.2020

24.4.2020 9.00 h

CV20016

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 31.3.2020 ao 5.5.2020

8.5.2020 10.00 h

CV20016

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 5.5.2020 ao 2.6.2020

5.6.2020 9.00 h

CV20016

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 8.9.2020 ao 5.10.2020

9.10.2020 9.00 h

CV20016

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 6.10.2020 ao 3.11.2020

6.11.2020 10.00 h

Do 3.11.2020 ao 1.12.2020

4.12.2020 10.00 h

CV20017

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos. Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 7.9.2020 ao 28.9.2020

2.10.2020 9.00 h

CV20017

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos. Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 5.10.2020 ao 26.10.2020

30.10.2020 10.00 h

CV20017

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos. Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 2.11.2020 ao 23.11.2020

27.11.2020 9.00 h

CV20018

Sistema electrónico de facturación (SEF)

50

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 19.10.2020 ao 4.11.2020

9.11.2020 9.00 h

CV20019

Introdución ao expediente xudicial electrónico

50

30

Aproveitamento

Persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal ao servizo da Amtega.

Teleformación

Do 6.4.2020 ao 11.5.2020

15.5.2020 16:30 h

CV20019

Introdución ao expediente xudicial electrónico

50

30

Aproveitamento

Persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal ao servizo da Amtega.

Teleformación

Do 2.11.2020 ao 30.11.2020

4.12.2020 17:30 h

CV20020

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 6.10.2020 ao 3.11.2020

6.11.2020 16.30 h

CV20021

Seguridade da información na Administración de xustiza en Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 2.11.2020 ao 30.11.2020

4.12.2020 16.30 h