Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 13948

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).

Na sesión que tivo lugar o día 11 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 12 de marzo de 2019 (DOG núm. 51, do 13 de marzo) encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 13 e 29, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 41 e 42.

Segundo. Cambiar a resposta da pregunta 17 que pasa da resposta d) a a).

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos, fixándose en 16 a puntuación directa para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na dita base da convocatoria.

Quinto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, no lugar onde se realizou o exercicio na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es).

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020

Breogán Cinza Cabarcos
Presidente do tribunal