Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 14037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 6 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente-e IN407A 2019/253-1).

Expediente-e.: IN407A 2019/253-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do CTC A Fieira (15CV21) por CTI, no lugar da Fieira.

Concello: Ortigueira.

Características técnicas:

• Actuación 1: liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,056 km, con orixe no apoio 45-23 existente da LMT MEA808 (expediente 31.405) onde se realiza a derivada ao CT Seixidal (expediente 131/98), condutor tipo LA-56 e remate no apoio 45-25 existente da LMT MEA808 (expediente 31.405) no treito entre o CT A Fieira (expediente IN407A 2016/774-1) que se vai retirar e a derivada ao CT A Serra (expediente 79/98).

• Actuación 2: liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,012 km, con orixe no apoio 45-23-1 existente da LMT MEA808 (expediente 131/98) no treito da derivada ao CT Seixidal (expediente 131/98), condutor tipo LA-56 e remate no novo CT intemperie A Fieira proxectado.

• Centro de transformación (CT) intemperie A Fieira de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

• Demolición da caseta de obra civil do CT A Fieira (expediente IN407A 2016/774-1) e desmontaxe dos elementos existentes no seu interior.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese realizar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 6 de febreiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2019/253-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do CTC A Fieira (15CV21) por CTI, no lugar da Fieira.

Concello: Ortigueira.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 3.

Lugar: monte arriba da casa.

Cultivo: labor.

Polígono: 38.

Parcela: 139.

Propietario: Andrés Verano Pena López.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 0.

• M2 aéreos: 24.0.