Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 14080

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir dúas prazas de persoal laboral fixo excluído de convenio colectivo polo procedemento de concurso:

Unha (1) praza de xefe/a de división de desenvolvemento de investimentos portuarios.

Unha (1) praza de xefe/a de división de proxectos e obras.

As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 21 de febreiro de 2020

Enrique César López Veiga
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo