Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 13927

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 26 de febrero de 2020 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT301A).

BDNS (Identif.): 497098.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos galegos polos que discorran os camiños de Santiago recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles nos que se ditou acordo de inicio para a súa tramitación.

Segundo. Finalidade

Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos das rutas xacobeas que descorren por Galicia, sendo subvencionables unha parte das súas contratacións que se integrarán nas programacións do programa Cultura no Camiño 2020 e que serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2020.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 26 de febrero de 2020 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT301A).

Cuarto. Importe

O financiamento destas axudas realizarase, en todo caso, en función das dispoñibilidades orzamentarias, destinándose un crédito global de 230.000 euros da aplicación orzamentaria 11.A1.432B.760.0 do código de proxecto 2015-00003.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais