Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 14073

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación dos pregos que rexen a licitación na venda dunha parcela de 5.110,54 metros cadrados en SUR PPI-6-sector 2.

Mediante o Acordo do Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2020, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño.

2. Obxecto do contrato: venda de parcela de 5.110,54 m2 en SUR PPI-6-sector 2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento base de licitación: 338.621,14 €, IVE non incluído, mellorables á alza.

5. Garantías. Garantía definitiva: 25 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días hábiles desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es.

O Porriño, 11 de febreiro de 2020

Eva García de la Torre
Alcaldesa