Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de servizo de redacción do Plan director de saneamento do núcleo urbano de Lalín (expediente OH.736.1174).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador.

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicospde Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código NUTS do lugar principal de entrega ou de execución dos servizos: ES114 Lalín (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de redacción do Plan director de saneamento do núcleo urbano de Lalín (Pontevedra). Clave do expediente: OH.736.1174.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 220.609,08 €. Importe total: 266.936,99 €.

8. Valor estimado do contrato: 220.609,08 euros.

9. Prazo de execución do contrato: oito (8) meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), descrición da metodoloxía proposta (ponderación 42 %), organización da execución dos traballos (ponderación 7 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 4 de outubro de 2019.

12. Número de ofertas recibidas.

12.1. Ofertas totais: 15.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 6.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 31 de outubro de 2019.

14. Empresa contratista.

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Serye Ingenieros, S.L.

14.2. NIF: B70543012.

14.3. Enderezo: estrada Cambre-O Temple, 3-2º D, 15660 Cambre (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 620 96 36 10.

14.6. Fax: 981 25 22 87.

14.7. Correo electrónico: serye@seryeing.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 154.470,47 €. Importe total: 186.909,27 €.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase no programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos». Obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga». Actuación 6.2.1.1 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): «Saneamento e depuración para o cumprimento dos obxectivos da Directiva marco da auga». Operación «Saneamento e depuración en Lalín (Pontevedra)». Unha maneira de facer Europa.

Polo que se deberán observar os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18-baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 11 de abril de 2019.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 4 de outubro de 2019.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 12 de novembro de 2019.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia