Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2020, do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente de responsabilidade patrimonial RP-2018-0116-C.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, emprázase a persona interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), ao acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo que se notifica, a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios, sita na rúa Durán Loriga, número 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o vencemento do prazo indicado para comparecer.

A Coruña, 17 de febreiro de 2020

Carmen Gerpe Caamaño
Xefa do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: RP-2018-0116-C.

DNI/NIF/CIF: 38849167M.

Acto de notificación: trámite de audiencia.