Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de documentación en relación co procedemento de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios (expediente PCI-2019-196).

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiu á persoa interesada que se especifica no anexo, un requirimento de documentación en relación co procedemento para a súa acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios.

Intentada a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola persoa interesada para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo servizo.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifícalle á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento antes citado.

A persoa interesada pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Administración Industrial da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, rúa de Avelino Pousa Antelo, 5, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non achegar os documentos que lle son requiridos no prazo sinalado no requirimento, teráselle por desistida da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: PCI-2019-196.

DNI do interesado: 34321210N.

Acto notificado: requirimento de documentación en relación co procedemento de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios.