Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte Penas (ampliación), concello de Monterroso (expediente 2/2018).

Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 2/2018.

Denominación: Penas (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia Penas.

Concello: Monterroso.

Superficie: 4,17 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a referencia catastral da parcela obxecto de clasificación, así como as parcelas estremeiras. O plano que figura no anexo facilita a súa localización.

Referencia catastral

Estremas

27032A04100103

002500300NH94B

Norte

27032A04109012

27032A04100101

27032A04100090

Leste

27032A04100090

27032A04100091

Sur

27032A04100106

27032A04100105

Oeste

27032A04109016

27032A04100132

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 8.11.2018 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 17 de febreiro de 2020

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file