De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselle ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica en expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido practicar a notificación.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei as persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede desta Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 11 de febreiro de 2020
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Precepto infrinxido |
Estrada |
126/18 |
Cmdad. Propietarios Garajes Edificio Juan de la Cierva |
Proposta de resolución |
61.2.b) |
PO-313, Marín-Moaña |
053/19 |
Dya Eventos y Ferias, S.L. |
Proposta de resolución |
61.3.f) |
PO-551, Marín-Rande |