Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO da aprobación definitiva do instrumento de ordenación provisional no lugar do Campo.

O Pleno do Concello de Mesía, en sesión que tivo lugar o 7 de febreiro de 2019, acordou aprobar definitivamente o instrumento de ordenación provisional no lugar do Campo, ao abeiro da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, acordo que ten o seguinte teor literal:

«Primeiro. Desestimar a alegación presentada por Antonio Sánchez Carro, con base no informe emitido ao respecto por Estudio Técnico Galego, S.A., ao cal se lle presta aprobación e do cal se remitirá unha copia ao interesado xunto coa notificación deste acordo.

Segundo. Aprobar definitivamente o instrumento de ordenación provisional no lugar do Campo (documento de aprobación definitiva), elaborado por Estudio Técnico Galego, S.A.

Terceiro. Proceder á publicación da ordenación provisional de acordo co establecido nos números 2, 3 e 4 do artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Cuarto. Notificarlles este acordo ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados».

De conformidade co artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, indícase que as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do citado instrumento de ordenación provisional se inclúen no números 2.2.8 do documento de aprobación definitiva do instrumento, que se pode consultar integramente no seguinte enderezo electrónico: http://www.concellodemesia.gal/concello/urbanismo

Contra este acordo, que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Mesía, 10 de febreiro de 2020

Mariano Iglesias Castro
Alcalde