Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14568

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO das bases corrixidas do proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de Xuventude, Orientación Laboral e responsable da OMIX.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 13 de febreiro de 2020, aprobou a convocatoria e as bases corrixidas (estimación parcial recurso) do proceso selectivo, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir a vacante do posto de técnico/a de Xuventude, Orientación Laboral e responsable da OMIX do Concello de Soutomaior.

No Boletin Oficial da provincia de Pontevedra núm. 38, do 25 de febreiro de 2020, aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo, para cubrir a vacante (1) de técnico/a de Xuventude, Orientación Laboral e responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste concello (http://soutomaior.sedelectronica.es).

Soutomaior, 26 de febreiro de 2020

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde