Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na Solana, A Coruña (expediente 631/2017/37).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 16 de xaneiro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal. A Solana. Novembro 2018, cos cambios introducidos no número 3 do documento denominado «Cumprimento do informe do 18.6.2019, da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar, na modificación puntual do PXOM da Coruña no ámbito da Solana. Agosto 2019», segundo o documento redactado pola Oficina Técnica do Departamento de Planeamento e sen prexuízo de que, con respecto ás formas de adquisición dos inmobles, se poderá efectuar, ademais das previstas na memoria do documento, mediante o sistema legal de venda directa entre administracións públicas.

Segundo. Dilixenciar os documentos aprobados e realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e artigos 199, 209 e 212 do Regulamento para o desenvolvemento da lei anterior, para a entrada en vigor do documento aprobado.

Terceiro. Facultar a Alcaldía-Presidencia e a Concellaría Delegada para a realización de cantos actos, trámites e xestións sexan procedentes para o bo fin dos acordos adoptados, e especificamente, se é o caso, para a refundición documental que resulte procedente.

Medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente:

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático remitiu a Resolución do 18.10.2017 de non sometemento a avaliación ambiental estratéxica ordinaria, na que se conclúe que coa modificación puntual non se prevén efectos ambientais significativos, polo que non cómpre adoptar medidas adicionais ás previstas no PXOM para o seguimento.

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe «planeamiento/planeamiento vigente», ou ben, desde a mesma web, a través do Visor Estado Desarrollo PGOM 2013.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora de Área de Urbanismo