Intentada a notificación persoal das comunicacións do inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social, ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúanselles estas notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE) para presentaren por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que xulguen oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lles corresponda.
As persoas interesadas, durante ese prazo, poderán comparecer para efectos do coñecemento e constancia do texto íntegro da comunicación de inicio, ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen presentaren alegacións en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis meses, desde a data do acordo, para notificar a resolución pertinente.
Lugo, 21 de febreiro de 2020
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Persoa interesada |
Nº expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
|
1 |
Álvaro Urosa Pérez |
27/12/2019/2.1.E |
Inicio de procedemento sancionador |
Lugo |
2 |
Annetty Pérez García |
30/10/2019/2.1.E |
Inicio de procedemento sancionador |
Fonsagrada, A |
3 |
Arkaitz Expósito Gesto |
16/12/2019/2.1.E |
Inicio de procedemento sancionador |
Castro de Rei |
4 |
Davide Letizia |
03/12/2019/2.1.E |
Inicio de procedemento sancionador |
Lugo |
5 |
Jilson Jorge Monteiro Fidalgo |
14/01/2020/2.1.E |
Inicio de procedemento sancionador |
Burela |
6 |
Jonatan Folgueira Prieto |
21/11/2019/2.1.E |
Inicio de procedemento sancionador |
Castro de Rei |
7 |
Marco André Ramada da Silva |
19/12/2019/2.1.E |
Inicio de procedemento sancionador |
Cervo |
8 |
Telmo Carballedo Buide |
02/01/2020/2.1.E |
Inicio de procedemento sancionador |
Lugo |
9 |
Yehoshua Barja Núñez |
06/11/2019/2.1.E |
Inicio de procedemento sancionador |
Rábade |