Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 15115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de nomeamento de funcionario proposto polo tribunal do procedemento selectivo para a provisión dun posto de traballo vacante de funcionario de técnico/a superior de Administración xeral, coordinador xeral, subgrupo A1.

Pola Resolución desta alcaldía do 18 de febreiro de 2020 resólvese a convocatoria celebrada, mediante o procedemento selectivo de concurso-oposición, para a provisión dun posto de traballo vacante de técnico/a superior de Administración xeral, coordinador xeral, consonte a proposta do tribunal do 14 de febreiro de 2020, de conformidade coas bases reguladoras publicadas no Boletín Oficial da provincia núm. 203, do 24 de outubro de 2019, taboleiro de anuncios e na páxina web municipal, e do anuncio da convocatoria publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 221, do 20 de novembro de 2019.

Funcionario nomeado: Emilio Caínzos Quintás, DNI ***0609**.

Posto de traballo: técnico superior de Administración xeral, coordinador xeral, subgrupo A1.

Consonte o establecido na base novena, das cales regularon o procedemento selectivo, o candidato proposto deberá tomar posesión no prazo legalmente establecido.

Ponteceso, 21 de febreiro de 2020

Xosé Lois García Carballido
Alcalde