Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 15119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de nomeamento de policías locais funcionarios de carreira.

Mediante os decretos da Alcaldía 202002/022 e 202002/054, emitidos o 4 de febreiro de 2020 e o 5 de febreiro de 2020, respectivamente, resolveuse nomear a Pedro Mª Arufe Mayán, con DNI número ***7900**, a Javier Bragado Díez, con DNI número ***8882**, e a Daniel Vidal Bravo, con DNI número ***8263**, funcionarios de carreira do Concello de Ribeira, para ocuparen tres prazas de policías locais pertencentes ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, escala básica, categoría policía, grupo C1, incluídas nas ofertas de emprego público deste concello dos anos 2016, 2017 e 2018.

Estes nomeamento terán efectos económicos e administrativos desde a data en que se tome posesión das referidas prazas, agás que na toma de posesión se dispoña outra data para a súa efectividade.

A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Boletín Oficial da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Ribeira, 11 de febreiro de 2020

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde