Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15216

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2020 pola que se modifica a composición da comisión permanente do proceso para a elaboración de lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a garda peiraos.

Por Resolución desta presidencia do 8 de xaneiro de 2020, publicada no DOG número 21, do 31 de xaneiro de 2020, acordouse a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a garda peiraos, e na mesma resolución acordouse, na condición décimo segunda das bases, nomear os membros integrantes da comisión permanente encargada de dirixir o proceso.

Detectado un erro na composición por concorrer nun dos vogais suplentes a circunstancia invalidante prevista no artigo 59.2.b) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, por medio da presente resolución, de conformidade coas competencias conferidas polo artigo 12.3.c) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia, e vista a proposta da representación legal dos traballadores de Portos de Galicia, modifícase a composición dos membros integrantes da comisión permanente, que queda integrada polas seguintes persoas:

Presidente/a:

Titular: Ana Isabel Calzadilla Bouzón.

Suplente: Lorena Solana Barjacoba.

Secretario/a:

Titular: Cruz Sonora Ces.

Suplente: Concepción Domínguez Rodríguez.

Vogais:

Titulares: Antonio López Fernández.

Jesús Javier Fernández Barro.

Manuel Bautista Lorenzo.

Suplentes: Manuel Bautis Cheda.

Victoriano Lago Martínez.

Carlos Quiñones Piquenque.

Santiago de Compostela, 28 de febrero de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia