Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de febreiro de 2020 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/54/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/54/2019-RP1 a María del Carmen Abal Beiro, en relación coas obras consistentes na ampliación dunha nave industrial no lugar de Carracelas s/n, San Xulián, no termo municipal de Marín, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística