Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (104/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis Otero Porto contra Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Arco Galicia 2006, S.L.U., Fogasa, Granito Soygar, S.L., Soynaci, S.L., Piedra Granitos Villanueva, S.L., Indegra Piedra Natural, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 104/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Soynaci, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 29.9.2020, ás 10.55 e 11.00 horas, en rúa Hortas, s/n, planta 3ª, Edif. Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Soynaci,S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza